Feijóo condiciona o seu apoio ao decreto anticrise de Sánchez a poder "melloralo"

Asegura que vai cunha "axenda aberta" á súa cita en Moncloa e móstrase disposto a falar do CGPJ aínda que haxa temas máis importantes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/04/2022 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, considera que o "prioritario" neste momento en España é "baixar a inflación" e ese será un dos asuntos claves que poderá sobre a mesa este xoves na súa reunión en Moncloa co xefe do Executivo, Pedro Sánchez, á que acode cunha "axenda aberta". De feito, mostrouse disposto a falar tamén da renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).

Iso si, e dado que este mesmo mes de abril se ten que debater no Pleno do Congreso a validación do real decreto lei de medidas anticrise aprobado polo Goberno, condicionou o seu apoio a poder "melloralo" no trámite parlamentario, máxime cando cualificou como "un parche" as medidas do Goberno.

Nunha entrevista en Onda Cero, que recolleu Europa Press, Feijóo sinalou que a reunión de Moncloa se pechou tras "un SMS" do presidente do Goberno e engadiu que descoñece a orde do día, pero recalcou que "o máis urxente" é a situación económica de España e que "probablemente" falarán tamén da guerra de Ucraína ou a posición do Sahara.

"Vou coa axenda aberta para que o presidente me diga que cuestións quere conversar comigo e en base ás cuestións e o contido delas, terá unha resposta. Pero non teño maior información", manifestou. Sobre a renovación do CGPJ, indicou que se o xefe do Executivo o considera prioritario é "un asunto importante" pero engadiu que para el "o prioritario é como baixar a inflación en España".

VE "UN PARCHE" AS MEDIDAS DO GOBERNO

Tras criticar que Sánchez asinarse unha baixada de impostos na Declaración da Illa da Palma que non cumpriu, asegurou que as medidas aprobadas polo Consello de Ministros para afrontar a actual situación lle parecen un "parche". "Non hai política económica detrás desas medidas", proclamou, para preguntar ao Goberno se cre que se pode vivir cun 10% de inflación en España, "a máis cara dos últimos 35 anos".

Feijóo, que subliñou que non comparte "a política económica do Goberno porque non funciona", sinalou que se Pedro Sánchez quere ter o apoio do PP na validación do decreto anticrise no Congreso ten que estar disposto a "aceptar algunha proposta" que faga o seu partido para "mellorar" ese decreto.

O presidente do partido do PP,  Alberto Núñez Feijóo, durante a súa intervención no segundo e último día do congreso do PP en Sevilla / Eduardo Briones - Europa Press. / Europa Press
O presidente do partido do PP, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa intervención no segundo e último día do congreso do PP en Sevilla / Eduardo Briones - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta