Zelenski pide ás empresas en España que deixen de facer negocios en Rusia e agradece peches como o de Inditex

O presidente de Ucraína falou vía telemática no Pleno do Congreso.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 05/04/2022 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, pediu este martes ante o Pleno do Congreso que compañías españolas como Porcelanosa ou Maxam deixen de facer negocios en Rusia pola súa invasión ao país que preside.

O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, intervén telematicamente no hemiciclo do Congreso
O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, intervén telematicamente no hemiciclo do Congreso | Fonte: R.Rubio.POOL - Europa Press.

Durante a súa intervención ante o Pleno da Cámara Baixa, ao que se dirixiu de forma telemática, Zelenski agradeceu que "moitas compañías españolas pararon de funcionar en Rusia" --como o caso do Grupo Inditex--, polo que quixo "agradecer a estas compañías, ao pobo e á sociedade esta posición".

"Pero ao mesmo tempo quero dirixirme a compañías como Maxam, Porcelanosa, ou Sercobe, e outras compañías que deixen de facer negocios con Rusia", reivindicou, pondo énfase en que o Exército ruso está a cometer "crimes de guerra contra a humanidade".

Por iso, o presidente de Ucraína pediu "sancións contundentes", que o resto de países europeos deixen de comprar petróleo a empresas rusas e deixar de facer negocios con bancos deste país. "Como podemos permitir que bancos rusos xeren beneficios mentres que están torturando xente civil?", preguntouse.

O presidente ucraíno sinalou polos seus negocios en Rusia a Porcelanosa, grupo empresarial especializado na fabricación e comercialización de cerámica, mobiliario de cociña e elementos para o baño, e a Maxam, grupo industrial do sector químico e armamentístico con varias filiais neste país.

Doutra banda, Zelenski apuntou á patronal Sercobe (Asociación Nacional de Fabricantes de Bens de Equipo), na que se integran empresas como Anfalum, AFBEL, Socomec, Vertiv, ou Electra Molins.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta