A monarquía como problema

En termos estritamente abstractos, o confronto entre República e Monarquía é moi desigual, pola evidente eiva democrática da provisión hereditaria propia da Monarquía. No caso español, asemade, a Monarquìa foi instaurada “ex novo” por Franco no 1969. Velaí a falla absoluta de lexitimidade de orixe do rei Juan Carlos à altura da fin do 1975, cando principiou o seu mandato.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 16/06/2014

Comparte esta noticia

Mais Juan Carlos de Borbòn gañou a sùa lexitimidade co exercicio que fixo da “auctoritas” real entre a fin do 1975 e a fin do 1978. Unha tempada na que a a aprobación da Constituciòn reasignou a prol de Instituciòns democráticas determinados poderes reais que sobardaban os dunha monarquia parlamentaria no sistema das Leis Fundamentais franquista. Pero o voto favoràbel dunha moi ampla maioría do corpo electoral español o 6 de decembro do 1978 non supuxo, en termos sociolòxicos, un cheque en branco “in aeternum” para a restauración do rèxime monárquico. Porque a cidadanìa española comprendeu que o pacto pola reforma levaba no lote a Monarquía e a negación do Estado plurinacional en troques das liberdades, do pluralismo político e dunha limitada descentralización política.


Malia os 33 anos decorridos dende o golpe de estado do 23-F do 1981, aínda non ficou clarexado o ambivalente papel do Xefe do Estado nesta crise. O que si ficou evidente foi a virada cara a consolidación dun bipartidismo monárquico e a limitación do autogoberno das nacionalidades, diluído no “café para todos”. Dende entón, a Coroa é o elo que define a España contemporánea, dándolle sentido a un sistema políticamente bipartidista e económicamente definido por un “capitalismo castizo de BOE”, alicerzado na colusión entre política e empresa, na hexemonía das empresas financeiras e construtoras sobre o sistema produtivo e na potenciación extrema de Madrid como inviábel centro económico.

Velaí que, hoxe por hoxe, a Coroa, ademáis do seu anacronismo histórico e da súa evidente falla de utilidade e exemplaridade, teña o problema engadido de non poder cumprir a función simbólica de lle dar abeiro a un fondo anovamento constitucional que lle  recoñeza á cidadanía o dereito a decidir para construir unha democracia de calidade nunha sociedade inclusiva e cohesionada.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.