Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/04/2022 | Actualizada ás 12:41
O investigador do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña, Manuel López-Vicente, estudará os efectos ambientais do accidente nuclear de Fukushima, co apoio de centros de investigación xaponeses.
O Environmental Radioactivity Research Network Center (ERAN) concedeu unha axuda a Manuel López-Vicente, investigador distinguido da Xunta no CICA da UDC desde 2020, para este estudo.
Segundo informa a institución coruñesa, López-Vicente desenvolverá modelos matemáticos que calculen como se produce o transporte de isótopos acumulados nas partículas máis finas do chan como resultado dos procesos hidrolóxicos superficiais.
"Isto axudará a entender mellor a redistribución da radioactividade, proporcionando un modelo que axude a tomar decisións sobre os usos e manejos do terreo, incluíndo as tarefas de descontaminación ou a concentración de materiais radioactivos", explica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.