Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/04/2022 | Actualizada ás 09:59
O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) descendeu un 6,8% en Galicia en febreiro, respecto ao mesmo mes do ano anterior, situándose como a segunda comunidade autónoma onde máis baixou, só por diante de Castela e León, onde diminuíu un 10,7%.
Segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press, Galicia situouse en febreiro entre as seis rexións españolas onde baixou a produción industrial, mentres que de media aumentou en España un 3,9%. No que vai de ano, a media de produción industrial galega diminuíu un 3,3%, situándose entre o tres comunidades onde este dato baixou, mentres que no total de España subiu un 4%.
DATOS ESTATAIS
A nivel nacional, o Índice Xeral de Produción Industrial aumentou un 3,9% en febreiro en relación ao mesmo mes de 2021, taxa dúas décimas inferior á do mes anterior, sempre segundo datos do INE
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.