Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2022 | Actualizada ás 18:00
A Deputación da Coruña e o Concello de Cabana de Bergantiños renovaron a súa colaboración na xestión do servizo de atención a visitantes e das actividades culturais no dolmen de Dombate. A Deputación investirá 62.184 euros para financiar actividadescomo visitas escolares, xornadas culturais ou charlas.
O convenio foi asinado polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Cabana de Begantiños, José Muíño Domínguez, e o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas.
Formoso destacou a importancia da colaboración institucional para seguir promocionando as múltiples posibilidades que ofrece a cultura megalítica como reclamo turístico. "Como cada Semana Santa, o dolmen de Dombate é un dos elementos patrimoniais máis visitados da provincia", apuntaba o presidente da Deputación.
NOVA REDE DE ABASTECEMENTO EN ANOS E EDAR EN CORCOESTO
Valentín González Formoso e José Muíño asinaron tamén o convenio para financiar as obras dunha nova rede de abastecemento de auga á poboación de Anos e a reparación e posta en marcha da EDAR de Corcoesto. O proxecto está valorado en 91.315 euros e laDeputación achegará 70.000 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.