Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2022 | Actualizada ás 17:32
A Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG-PSOE de Ourense condenou "contundentemente" a agresión homófoba denunciada por un grupo de música valenciano o pasado fin de semana.
E é que o grupo valenciano de hardcore punk AMOR denunciou nas súas redes sociais a agresión homófoba sufrida por un dos seus integrantes, ao que aseguran rompéronlle o nariz e deixaron inconsciente, o pasado venres en Ourense.
Segundo relataron, tras participar no evento Baixo Terra, os integrantes tomaban algo nun local da cidade cuns amigos cando algúns deles decidiron saír para tomar o aire. Nese momento, un home comezou a increpar a un dos membros do grupo pola súa vestimenta e maquillaxe, preguntándolle se ía disfrazado e, "de forma despectiva", se era un "puto maricón".
A continuación, lanzoulle un par de puñadas e unha patada que lle romperon o nariz e que o deixaron inconsciente, segundo contan. Os socialistas ourensáns, pola súa banda, criticaron tamén o "silencio" do grupo de Goberno local, tanto de Democracia Ourensana como do Partido Popular "ante a gravidade dos feitos".
"Unha actitude impropia dun goberno do século XXI que só favorece o retroceso democrático", aseguran. Consideran así "inadmisible" que o Goberno "se manteña á marxe". Neste sentido, instan o Executivo municipal a pór en marcha "dunha vez" o plan de prevención ao acoso homofóbico, bifóbico e transfóbico para Ourense, "que segue pechado nun caixón".
"Se o plan se puxese en marcha e Ourense fose un destino LGTBI-friendly, como se requiría, situacións coma as do pasado fin de semana evitáronse e poderiamos avanzar nos valores da tolerancia e o respecto á diversidade", explican.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.