A banda coruñesa Tiruleque celebra os seus 20 anos cunha xira e o lanzamento dun recompilatorio

Comezará a súa xira o 30 de abril, cun concerto na coruñesa Sala Garufa

Por E.P. | A Coruña | 18/04/2022 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

A banda coruñesa Tiruleque celebra os seus 20 anos na música cunha xira e o lanzamento dun disco recompilatorio dos seus grandes temas. Así, comezará a súa xira o 30 de abril, sábado, cun concerto na coruñesa Sala Garufa. Despois o grupo actuará en Santiago, Ferrol e Lugo durante o mes de maio.

Tiruleque
Tiruleque | Fonte: Europa Press

Paralelamente, sacará o álbum 'Tiruleque, 20 anos no camiño' (que inclúe dous temas inéditos), con cancións habituais do seu repertorio de fusión entre o tradicional e a creación propia, con aproximacións a xéneros como a cumbia, o swing ou o son cubano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta