Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2022 | Actualizada ás 10:18
O sistema avanzado para a localización móbil (AML) permitiu enviar axuda inmediata a unha peregrina desorientada preto de Santiago de Compostela na noite deste pasado xoves.
Segundo informou o 112 Galicia, tras a súa chamada ao servizo de emerxencias cara ás 21,00 horas do xoves, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias situaron á muller na parroquia compostelá de Enfesta mediante esta tecnoloxía, que permite a localización cunha marxe de erro inferior aos vinte metros.
Desta maneira, solicitaron o desprazamento de axentes da Policía Local, que acudiron a atender á peregrina, xa "máis tranquila e en bo estado de saúde", sinalan as mesmas fontes.
Cando marcou o número único de atención ás emerxencias 112, estaba "bastante nerviosa e desorientada", apuntan por parte do 112, nunha zona de monte, aínda que dentro dos carreiros do Camiño Inglés.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.