A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos pide unha comisión municipal para negociar o futuro da canteira

O colectivo veciñal pide unha primeira reunión para poder valorar posturas e iniciar conversas para unha solución.

Por Galicia Confidencial | Teo | 22/04/2022 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A Plataforma Casalonga Limpa de Resiudos reclama unha vía de negociación para darlle unha solución pactada ao futuro da antiga canteira. Esta postura é defendida polo colectivo veciñal dende que o pasado 14 de xaneiro a Plataforma se reunira co xefe territorial de Economía, Emprego e Industria da provincia da Coruña, Isidoro Martínez e o xefe do servizo de Enerxía e Minas, Juan José Iglesias.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reúnese coa plataforma Casalonga Limpa de Residuos.. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reúnese coa plataforma Casalonga Limpa de Residuos.. DELEGACIÓN DO GOBERNO

Nun comunicado, a Plataforma lembra que durante “estes meses foron moitas as reunións de mediación entre todas as partes implicadas”. Aínda así, parece que “a definitiva reunión entre representantes municipais e a empresa non acaba de chegar e a veciñanza teme que esta vía se esvaeza antes de chegar a explorarse”.

En relación a isto, o colectivo veciñal solicitou o pasado xoves por escrito a creación dunha comisión negociadora que convoque ás partes implicadas. Piden que se asista sen premisas a unha primeira reunión co obxectivo de coñecer as posturas e condicións necesarias para buscar unha solución que protexa os intereses da veciñanza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta