Por E.P. | Cobas (Ferrol) | 22/04/2022 | Actualizada ás 20:30
A cidade de Ferrol inaugurou as Feiras do Libro 2022, organizadas pola Federación de Librarías de Galicia e que chegarán a 13 localidades galegas ata finais de agosto.
Este venres tivo lugar a inauguración da feira ferrolá, que reúne ata o vindeiro domingo a decenas de expositores na primeira mostra de libros post pandémica en Galicia, xa coas máscaras como un elemento opcional para os que decidan achegarse a coñecer as últimas novidades editoriais.
Coincidindo co día do libro, que se celebra este sábado 23 de abril, a cidade naval dá inicio ás feiras que percorrerán un total de 13 localidades galegas.
Despois de Ferrol, as feiras terán lugar en Santiago (do 1 ao 8 de maio), en Lugo (do 17 ao 22) e no Porriño (do 26 ao 29). En xuño será a quenda de Vilalba (do 3 ao 5), Ourense (do 8 ao 11), mentres que en xullo tocan as citas de Vigo (do 1 ao 7), Ponteareas (do 14 ao 17) e Rianxo (do 22 ao 25).
O último mes o circuíto literario terá paradas na Coruña (do 1 ao 10 de agosto), Viveiro (do 12 ao 15) e despedirase en Monforte de Lemos do 24 ao día 27.
MARCAPÁGINAS SOLIDARIOS
Con motivo do día do libro, usuarios dos centros de Agadea Alzheimer elaboraron 350 marcapáxinas dedicados a figuras das letras galegas, como Florentino Delgado Gurriarán, Xohana Torres, Amanda Praza, Clara Vidal, Baldo Ramos, Xosé Lúa, Susana Perol e Raúl Bouzón.
Estes marcapáginas foron repartidos por 32 establecementos e librarías, a maioría en Santiago de Compostela, cos que serán obsequiados os clientes que compren os seus libros este 23 de abril.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.