Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2022 | Actualizada ás 17:41
A operación Garanta da Garda Civil supuxo detención de catro persoas, mentres se busca a outras tres implicadas, polo aluguer fraudulento dunha vivenda na Coruña. Os feitos sucederon por mor da denuncia interposta por unha veciña de Arteixo en outubro de 2020. Manifestaba que, ante a necesidade de trasladarse a un piso de aluguer, publicou un anuncio nunha coñecida páxina de Internet para a procura dunha vivenda. Inmediatamente, contactou con ela unha persoa achegándolle fotografías dun suposto piso que tiña en aluguer. Como a inquilina tiña présa acordaron o pago.
Unha vez que a vítima pagou, acordaron un día para a entrega de chaves, pero íase atrasando valéndose da pandemia e aludindo a que uns inquilinos non abandonaban o piso por estar en corentena por positivos covid. A pesar de que se acordaron diversas citas nalgún lugar da cidade, o suposto estafador nunca acudía. Mesmo se prestou a axudala coa mudanza recolléndoa no seu coche, polo que abandonou o domicilio no que residía, pero nunca apareceu, polo que a muller quedou na rúa cos seus aveños persoais.
As investigacións realizadas polo Equipo@coruña contra a Ciberdelincuencia estableceron que a maneira de actuar deste grupo criminal baseábase en que o xefe do grupo rastrexaba en distintos portais de compravenda a particulares en procura activa de aluguer de pisos, nese momento e ante a necesidade da vítima, copiaba as fotos e características de alugueres de piso existente noutras plataformas de aluguer, en base ás necesidades do anuncio da vítima, para posteriormente ofrecerllo directamente a un importe por baixo de mercado, polo que a vítima rapidamente caía na estafa.
Tras embaucar á vítima, e valéndose de distintas argucias, foi pedíndolle distintos pagos en concepto de fianza, gastos de xestoría, co que a vítima chegou a pagar un total de 1.490 euros a distintas contas bancarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.