A cantidade de ciberdelitos aumenta día a día. As diferentes axencias policiais, empresas de ciberseguridade ou calquera medida de prevención non frean as ciberestafas, os roubos de identidade ou as suplantacións. Detrás de todo isto hai un elevado volume de negocio moitas veces difícil de rastrexar e polo uso de criptomoedas para facer pagamentos.