Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2022 | Actualizada ás 13:06
O delegado do Goberno, José Miñones, apuntou ás cifras para sinalar que a ocupación en Galicia correspóndese en maior medida con vivendas baleiras ou en propiedade das entidades bancarias que coas habitadas.
"Aí temos que facer ese reforzo e está a haber unha actuación policial, tanto de Policía Nacional e Garda Civil, para evitar eses problemas", destacou, a preguntas dos xornalistas en Lugo. Respecto diso, Miñones comprometeu "seguir traballando nesa liña" e recomendou ás familias "seguir as medidas que están a trasladar" os corpos e forzas de seguridade do estado "para a protección de vivendas".
Por outra banda, o delegado do Goberno foi interrogado por un incremento da inseguridade tras a agresión sufrida por un mozo esta madrugada na Coruña, ao que volveu a responder con alusión aos datos.
"As cifras están aí, (o incremento o último ano) de delitos principalmente está centrado nos de ciberdelincuencia", indicou. Neste sentido, matizou que se comparan "anos de pandemia onde era menor a delincuencia". Fronte á ciberdelincuencia, asegurou "estar a pór os medios necesarios a través das 'unidades arroba' ou coas liñas de investigación da Policía Nacional".
En canto a agresións e roubos, informou de que as cifras son "as mesmas" que en 2019. En calquera caso, "detrás das cifras hai unha preocupación real", dixo, e "unha actuación moi rápida".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.