Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2022 | Actualizada ás 18:30
'Volver la vista atrás', de Juan Gabriel Vásquez; 'Amor en caso de emergencia', de Daniela Krien; 'La vida verdadera', de Adeline Dieudonné; 'Llévame a casa', de Jesús Carrasco; e 'O cervo e a sombra', de Diego Ameixeiras, son os finalistas da XVI edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago.
Con motivo do Día do Libro, déronse a coñecer os finalistas deste galardón que organiza o Casino compostelán, cuxo presidente, Ubaldo Rueda, reivindicou a defensa dunha Europa "afastada da guerra e do odio", que vai dende o Atlántico aos Urales. Neste acto participaron, entre outros, a concelleira de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, quen destaca "un incremento da edición de libros en Galicia", cun aumento da lectura por mor da pandemia.
"Unha das mellores maneiras de conmemorar este día é, sen dúbida, lendo, porque ter máis e mellores lectores é beneficios para reforzar o sector", asegura o conselleiro. Igualmente, o Casino presentou os paraugas ilustrados con de as dúas gañadoras do XV Premio Novela Europea, que foron para Almudena Grandes e Arantza Portabales.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.