Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2022 | Actualizada ás 10:07
O Colexio Oficial de Biólogos informou de que remitiu ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, un escrito no que traslada a análise que fai a entidade e as súas alegacións aos currículos educativos presentados.
Baixo o lema 'As ciencias perden, perdemos todos!', o Colexio critica que unha vez vista a concreción da distribución de horas por materias e sen poder analizar os seus currículos educativos xa que "só existen a nivel estatal", a conclusión é que "as ciencias perden" e "perde" a sociedade.
"Nunha sociedade en pandemia con colectivos con pouca análise crítica e científico, que deostan fontes oficiais e mesmo a propia ciencia (apuntan ás persoas antivacinas), a Administración Pública baixa en todos os cursos o número de horas e ciencias", lamenta. En fronte, propón o reforzo de contidos e horas en ciencias nas distintas etapas educativas.
Tamén crítica se mostrou a Asociación Galega de Ensinantes de Economía de Secundaria, que lamenta profundamente "a escasa presenza da formación económica e financeira" do alumnado da ESO e do Bacharelato que suporá a implantación da Lomloe en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.