O BNG propón a creación dunha fundación galega de ciencia: Innogal

"Concíbese como un organismo público" desde o que as persoas investigadoras e todos os axentes sociais "que conforman o ecosistema galego de I+D+i" poidan contribuír a xerar coñecemento, "impulsando tanto a ciencia básica como a aplicada", buscando unha xestión "máis eficaz e eficiente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2025 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, defenderá este martes no Pleno do Parlamento unha proposición de lei para a creación dunha fundación galega da ciencia, 'Innogal', como organismo público que permita facer do I+D+i unha "aposta estratéxica de País" e unha "panca" para o seu desenvolvemento económico e social. Segundo destacou Rodil, trátase dunha proposta que os nacionalistas elaboraron "man a man" cos distintos axentes do ecosistema investigador galego e que "implicaría" o deseño dunha carreira investigadora "estable" e en todas as súas etapas, desde a de formación ata a de consolidación.

Neste sentido, o BNG detallou nunha nota de prensa que 'Innogal' "permitiría desenvolver un programa de recursos humanos dirixido a reter e atraer talento investigador para polo ao servizo do desenvolvemento social e económico de Galicia". Así mesmo, a portavoz de ciencia do BNG criticou o "escaso investimento" que Galicia fai en materia de I+D+i, "tan só un 1,1 % do Produto Interior Bruto (PIB), lonxe da media do Estado, 1,4 %, e a anos luz do 2,3 % de investimento europeo".

INNOGAL

En concreto, a fundación 'Innogal' "concíbese como un organismo público" desde o que as persoas investigadoras e todos os axentes sociais "que conforman o ecosistema galego de I+D+i" poidan contribuír a xerar coñecemento, "impulsando tanto a ciencia básica como a aplicada", buscando unha xestión "máis eficaz e eficiente" tanto dos recursos económicos como humanos e materiais. Con todo, o BNG apostou por "pór no centro" das políticas en materia de ciencia e investigación ás persoas, "promovendo as condicións laborais necesarias para reter ao persoal investigador formado en Galicia, pero tamén captando talento de excelencia e permitindo o retorno do talento emigrado".

A deputada do BNG Olalla Rodil
A deputada do BNG Olalla Rodil | Fonte: BNG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta