España: Nin proxecto nin identidade

A España da transición batía récords de paro e aturaba un sistema fiscal inxusto e uns equipamentos e renda “per capita” moi inferiores á media europea.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 29/06/2014

Comparte esta noticia
As desigualdades eran ferintes e o acceso aos servizos públicos moi deficiente. Porén, existía un proxecto común, basicamente alicerzado na estrea das liberdades,na integración europea, na superación da crise económica e no común degoiro no acceso xeralizado á educación e aos demáis servizos públicos. Os españois descobriron horizontes máis anchos e percorreron un longo treito no que atinxe ao recoñecemento dos dereitos da muller e das persoas homosexuais. Mesmo semellaba que os españois ían abrirse a outras culturas, principiando polas culturas nacionais catalá, vas ca e galega coas que coexistían. 
 
  Foi éste un periodo que rematou por volta da crise do 1992-1993, da que España sairía e n 5 ou 6 anos con non poucos sacrificios e damnificados. Entre eles a vinculación directa dos sectores regulados privatizados por Aznar e González coas elites madrileñas.  A  maioría absoluta do PP representou, no que atinxe aos valores e principios xeralmente aceptados, unha volta á España única e cañí, malia que coa fachenda da “España va bien”.
 
 Velaí que, asulagada España na Grande Recesión e nunha moi fonda crise institucional, no se advirten os bimbios para enfrontar un proxecto común, porque non hai nin unha diagnose común dos problemas.  Mesmo nin existe consenso a respecto das reformas fiscais a desenvolver ou da diagnose sobre os efectos das actuais desinsdustrialización e emigración das xeracións novas e estudadas.
 
 Estes trinta e tantos anos de convivencia non  construiron  unha identidade comùn española que trascendera daquela España uniforme, taurina e cañí dos anos 60 do século pasado. É verdade que temos unha parte da historia común e partillamos importantísimos vencellos sociais, económicos, culturais e familiares. Mais u-la identidade moderna e plural que se poida chamar a identidade española do século XXI? U-la identidade española pluricultural e plurilingüística, superadora de elementos que só son de parte, coma os touros, o Real Madrid ou a mentalidade de turismo de sol e praia? 
 
 Hoxendía España está falta de proxecto e de relato. E tamén dunha identidade plural e moderna común.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.