Xesús Alonso Montero, Ana Luisa Amaral e Cronopios, galardoados nos premios Follas Novas do Libro Galego 2022

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2022 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

Os premios Follas Novas do Libro Galego de 2022 galardoarán as traxectorias de Xesús Alonso Montero, Ana Luisa Amaral e Cronopios. Ademais, concederanse os premios ás 12 obras gañadoras das diferentes categorías.

A sétima edición dos premios Follas Novas do Libro Galego celebrarase o próximo 7 de maio no Teatro Principal, en Santiago de Compostela. Na gala daranse cita os 45 finalistas das 12 categorías establecidas. Respecto dos premios correspondentes á traxectoria profesional, o presidente de AELG, Cesáreo Sánchez, foi o encargado de confirmar aos gañadores.

En primeiro lugar, a premiada pola AELG co premio Universal será a poetisa portugesa Ana Luísa Amaral. Pola súa banda, a AGE condecorou a traxectoria do vigués Xesús Alonso Montero por ser un dos "alicerces da investigación e do sistema literario" como explicou o presidente de AGE, Henrique Alvarellos.

Por último, a galardoada pola Federación de Librarías de Galicia é a libraría Cronopios, fundada por Mercedes Corbillón que, segundo Ramón Domínguez, destaca pola súa "exemplaridade" no sector.

Presentación dos premios Follas Novas do Libro Galego 2022 que premiará as traxectorias de Xesús Alonso Montero, Ana Luisa Amaral e Cronopios. XOÁN CRESPO
Presentación dos premios Follas Novas do Libro Galego 2022 que premiará as traxectorias de Xesús Alonso Montero, Ana Luisa Amaral e Cronopios. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

No acto de presentación, celebrado no Teatro Principal de Santiago de Compostela, participaron os representantes do tres entidades organizadoras: o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez; o presidente da Asociación Galega de Editoras (AGE), Henrique Alvarellos, e o presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Domínguez. Tamén acudiu á rolda de prensa o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta