O mozo galego ferido gravemente na explosión na Habana "evoluciona favorablemente"

Continúan os trámites para repatriar a súa acompañante, falecida neste suceso.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/05/2022 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O mozo galego ferido a pasada semana na explosión do Hotel Saratoga, na Habana, "evoluciona favorablemente" das súas feridas, dentro da gravidade, mentres continúan os trámites para repatriar á falecida neste suceso.

Explosión no Hotel Saratoga, na Habana (Cuba) captada cun móbil.
Explosión no Hotel Saratoga, na Habana (Cuba) captada cun móbil.

Segundo confirmaron fontes gobernamentais, o ferido, natural das Pontes, continúa ingresado no hospital en estado grave, aínda que a súa evolución é "favorable".

Os seus familiares trasladáronse xa a Cuba, onde están en "contacto continuo" coa embaixada, que se puxo á súa disposición para o que necesiten.

Paralelamente, continúan os trámites para repatriar os restos mortais da nova falecida no mesmo suceso, natural de Viveiro. O Goberno e a embaixada traballan coa idea de que poida chegar ao país esta semana, aínda que aínda non concretaron o día.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta