Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2022 | Actualizada ás 11:58
O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, defendeu a "alternativa socialista" para liderar Galicia fronte á proposta "vella e esgotada" presentada polo candidato popular á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, a quen avisou: "Galicia non pode esperar a que vostede aprenda".
Na súa intervención no debate de investidura, Álvarez contrapuxo o modelo de país "activado e en marcha", que "recupere a ilusión e o dinamismo, que supere os complexos do PP" fronte á proposta "sen ilusión" e con "fatiga" que, na súa opinión, representa Rueda.
"No canto de ideas frescas o que vemos é esgotamento e as mesmas palabras de sempre", sostivo Luís Álvarez, nun discurso no que asegurou que Rueda representa "máis do mesmo". "Un tempo político esgotado que xa deu de si todo o que podía dar", incidiu.
O discurso do portavoz socialista foi seguido desde a tribuna de invitados polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; a vicesecretaria xeral e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entre outros cargos socialistas como o presidente da Fegamp, Alberto Varela; e o senador Xoaquín Fernández Leiceaga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.