Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2022 | Actualizada ás 21:00
Xuño será un mes cheo de emocións para as Brigantias Roller Derby. O equipo da Coruña xogará a final da Liga Galega contra Sereas Bravas Roller Derby Vigo o día 18 de xuño, e a fin de semana próxima (días 24 e 25) xogarán na final da Liga Nacional ARDE en Valencia, no Pavillón Malvarrosa. A xornada alongarase dende as 10:00 ata as 18:00 o día 25 e dende as 09:30 ata as 13:30 o día 26.
Tras a dura semifinal xogada na sede de Pontevedra, As Brigantias conseguiron unha vitoria de 169 a 60 contra Sereas Bravas. Agora cumprirá esperar ata o 18 de xuño para presenciar a esperada final da Liga Galega. Ambos os equipos estiveron preparándose tras una temporada sen competicións a causa do COVID, e agora, explican, volven máis fortes ca nunca.
Con todo, a tempada competitiva non remata aquí. Os días 25 e 26 de xuño poderán coñecerse á fin as gañadoras da Liga Nacional ARDE 2022. Durante esa intensa fin de semana enfrontaranse 8 equipos pola copa no Pavillón Malvarrosa da sede de Valencia.
Entre eles está o Team Galiza, equipo galego formado por xogadoras das Brigantias, Jabatas de Ourense e Sereas Bravas de Vigo. Agora atópanse no terceiro posto do ranking nacional e disputarán o primeiro partido contra Roller Derby Madrid A o día 25 ás 14:00.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.