Salvarmos a sanidade pública

Calquera que teña un familiar nestas datas nun Hospital galego constatará a absoluta insuficiencia do persoal, das resultas do peche de 1240 camas durante todo o cuadrimestre do verán. Porque, máis barato ca contratar substitucións de persoal sanitario, sae consorciar unha praza nun Hospital privado, onde adoitamos ver dúas persoas asistindo ás noites unha pranta hospitalaria completa, ás máis das veces con doentes moi maiores e con patoloxías graves. Mais na pública, no Hospital Universitario da Coruña, este sábado había só tres médicos de garda no conxunto das prantas de hospitalización.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 13/07/2014

Comparte esta noticia
Somos xa o terceiro territorio do Estado con menos investimento sanitario por habitante. Os doutores do Hospital Comarcal de Valdeorras denuncian a desmontaxe deste Centro, como antes fixeron os de Monforte. A xubilación forzosa aos 65 está a descapitalizar a nosa sanidade, onde xa se contan tres mil prazas menos nos últimos 4 anos.
 
A que se debe isto? Indubidábelmente no PP estatal existe unha corrente cualitativamente moi poderosa que quere liquidar o Estado do benestar e a sanidade pública, beneficiando, non aos hospitais privados fundados polos médicos e investidores galegos, senón ás grandes multinacionais sanitarias, conectadas coas elites financeiras de Madrid. Mais os recurtes sanitarios actuais débense tamén aos graves erros económico-financeiros de Feijóo e Elena Currás. Por aceptaren, no verán do 2009, un financiamento autonómico que desequilibra continuamente as contas da nosa sanidade polo noso avellentamento e dispersión.  E por financiaren a débeda pública precisa para cobrir o déficit a tipos altos, nos peores momentos da prima de risco, por mor dunha deficiente previsión e por esa fachenda que non precisaba acodir ao financiamento sensíbelmente máis barato do Fondo de Liquidez autonómico.
 
Salvarmos a sanidade pública requirirá reprantexarmos a política  de endebedamento autonómico e garantir un sistema de financiamento autonómico xusto con Galicia. Un mellor financiamento que recoñeza eses 500 M€ que custa ao ano a nosa sanidade de máis por mor do avellentamento e do espallamento poboacional. E requirirá que os cidadáns esteamos atentos para defender unha das conquistas máis importantes do noso modelo de sociedade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.