A Xunta adxudica por 39.100 euros un lote de 846,5 gramos de ouro puro

Foi a través dunha subasta por alleamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Xunta adxudicou por un prezo de 39.100 euros un lote de 846,5 gramos de ouro de granalla de ouro puro de 999,99 milésimas que saíu a poxa nun procedemento de alleamento.

A resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública foi publicada este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) despois da poxa pública celebrada o 11 de maio.

A poxa gañadora foi de 39.100 euros, realizada polo empresario e xoieiro José Luís Tuset Bertoa, que leva o lote de case 850 gramos de ouro.

Contra esta resolución cabe a presentación dun recurso ante a consellería por un prazo dun mes e tamén a posibilidade de acudir a un proceso contencioso-administrativo no Tribunal Suprerior de Xustiza de Galicia. Neste último caso, o período esténdese a dous meses.

A caseta de Galicia en Fitur con talleres de xoiaría, degustacións e actuacións musicais. Xunta de Galicia
A caseta de Galicia en Fitur con talleres de xoiaría, degustacións e actuacións musicais. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta