E a análise desta avogada madrileña é ben lúcida. Porque a maioría parlamentaria e o Goberno controlan a elección do Tribunal Constitucional, que decide sobre se son ou non constitucionais as leis e decretos-leis que aproban os Parlamentos e Gobernos estatal e autonómicos. E, tamén, controla a elección do Consello Xeral do Poder Xudicial, que controla a elección dos maxistrados do Tribunal Supremo e doutros altos cargos xudiciais. Deste xeito, a incidencia gobernativa nos controis de legalidade e constitucionalidade convírtese en abafante.
O Goberno do Estado pode aprobar, como fixo hai poucos días, un Decreto-Lei que modifique centos de leis e, logo de ser convalidado polo Congreso, só o Tribunal Constitucional poderá declaralo inconstitucional, malia que non exista esa extraordinaria e urxente necesidade que habilita constitucionalmente para o uso dese instrumento excepcional ou invada materia reservada aos Estatutos de Autonomía ou a leis orgánicas, invasión que determinaría tamén a
É o Tribunal Constitucional quen fixa a súa propia axenda; se por presión do Goberno que nomeou á súa maioría adian o fallo dun recurso contra un decreto-Lei inconstitucional, a sentenza virá cando o dano estea xa feito. Pola contra, cando lle interesa a este degradado sistema institucional, resólvese axiña. Velaí o atraso en resolver o recurso contra as taxas xudiciais.
Vivimos, xa, nun sistema xurídico contaminado polo Goberno do Estado. Compre, pois, vermos a realidade dun emperador que vai espido para enfrontar na vindeira reforma constitucional unha regulación que garanta o equilibrio de Poderes e o control da constitucionalidade das normas por un Tribunal Constitucional obxectivo e independente do Poder Executivo.