Por E.P. | Pontevedra | 06/06/2022 | Actualizada ás 19:15
O concello pontevedrés de Rodeiro adheriuse ao programa do Goberno galego de repartición a domicilio de comida a persoas maiores que residen soas.
A suma do concello á iniciativa 'Xantar na casa' da Xunta foi escenficada este luns cun acto no que participou a conselleira de Política Social, Fabiola García.
Deste xeito, Rodeiro incorpórase a unha rede da que forman parte un total de 195 concellos nos que se presta servizo a 1.800 persoas, 65 delas dos concellos limítrofes de Lalín, Silleda e Vila de Cruces.
En total, a Xunta destina 2 millóns de euros a este programa, orientado a prestar servizo ás persoas maiores que non viven acompañados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.