Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2022 | Actualizada ás 20:11
Un total de catro persoas morreron afogadas en espazos acuáticos en Galicia en maio, mentres que no Estado se rexistraron 30 casos no pasado mes e 83 afogamentos no que vai de ano, segundo o informe da Real Federación Española de Salvamento.
Deste xeito, o pasado mes de maio converteuse no máis luctuoso desde 2016 ao perder a vida en espazos acuáticos do Estado por afogamento non intencional 30 persoas, o que supón máis do dobre que morreron por esta causa no mesmo mes do ano pasado, que foron 14.
Para o director de Prevención e Seguridade e portavoz da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo, Francisco Cano, a cifra do mes pasado "debería levar a facer unha profunda reflexión" sobre se o problema dos afogamentos nos espazos acuáticos "vai ser, de novo, o gran esquecido das institucións públicas dentro das causas evitables de morte".
Ao seu xuízo, "a forma na que a sociedade afrontou a saída das medidas restritivas que se adoptaron como consecuencia da pandemia pode estar detrás desta cifra".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.