Por E.P. | A CORUÑA | 15/06/2022 | Actualizada ás 14:57
A oitava edición do Festival Internacional +QJazz albergará a grandes figuras do panorama jazzístico internacional, nacional e autonómico nunha sucesión de concertos que comezarán coa actuación do guitarrista Mike Stern, o 4 de xullo no Teatro Colón, e pecharase no mesmo escenario o día 10 de xullo con Pepe Rivero.
O concelleiro de Turismo do Concello da Coruña, Juan Ignacio Borrego, e o director do festival, José Vázquez Méndez, foron os encargados de presentar a programación deste ano. O director de +QJazz explicou que, "a pesar de que moita xente lle ten medo", o jazz "ten músicas que son moi dixestivas, perfectas para divertirse e gozar da música sen complexos".
Por iso, destacou que "a materia pendente é levar o festival ás rúas". "Espero que o ano próximo sexa posible", sinalou. Borrego colleu "con interese" esa luva de converter este evento nun festival ao aire libre e sinalou que pode ser "unha experiencia moi bonita e con moita dimensión turística".
SALAS DE CONCERTOS
Como novidade, nesta edición súmase a sala Mardi Gras que será escenario da actuación de Mick Moss e Kirk Fletcher, o día 5 de xullo. O Jazz Filloa acollerá o 6 de xullo o concerto de Cast. O Garufa Club, contará con Gisele Jackson, o día 7; e a Garufa Blue Devils Bigband, o 8.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.