Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2022 | Actualizada ás 13:16
O político nacionalista Camilo Nogueira, o chef Javier Olleros e o xornalista Javier Sánchez de Dios serán galardoados coa Medalla Castelao 2022 este 28 de xuño.
Ademais, súmanse o club de fútbol sala Pescados Rubén, nomeado mellor equipo do mundo e campión de Europa; así como a coral coruñesa El Eco, fundada por Pascual Veiga.
Na rolda de prensa posterior ao Cosello, Rueda destacou a traxectoria política de Camilo Nogueira, "un dos pais do Estatuto" galego, que este ano cumpre 40 anos.
Ademais, o presidente autonómico subliñou a carreira "consolidada" do xornalista que actualmente é articulista e destacou o recoñecemento do cociñeiro Estrela Michelín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.