Ferrol cubriu 46 prazas de socorristas das 60 que dispuña para os próximos tres meses

O servizo contará ata o día 28 de xuño con 12 socorristas en período de prácticas e ao finalizar esta fase, algúns se poderán sumar ao servizo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2022 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol inicia este fin de semana e durante o próximos tres meses o servizo de socorrismo nas praias de Penencia, Doniños, San Xurxo, Esmelle, Covas-Fragata, Santa Comba, Ponzos, Caranza e A Graña.

Tal e como anunciou este venres o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya (PSOE), activarase desde as 12,00 ás 20,00 horas durante todos os días, e estará atendido polos 46 socorristas que superaron a proba de acceso.

A eles sumaranse outro cinco técnicos sanitarios para emerxencias, cunha ambulancia e un vehículo de intervención rápida, e catro con titulación en primeiros auxilios e patrón de embarcacións. E é que este ano, como novidade, "sumarase aos medios dos socorristas unha lancha motora zodiac. "Estará permanentemente amarrada no porto exterior preparada para saír para desenvolver labores de rescate e auxilio", detallou Costoya.

Ademais, o servizo contará ata o día 28 de xuño con 12 socorristas en período de prácticas e ao finalizar esta fase, algúns se poderán sumar ao servizo.

SERVIZO TELÉFONICO

Tras a boa acollida que tivo o pasado verán o servizo de atención telefónica posto a disposición da cidadanía, este ano o Concello activa de novo o servizo. Así, todos os días os socorristas ofrecerán información sobre o estado do mar, o vento, a bandeira e a afluencia que rexistran as praias.

Costoya aproveitou a súa intervención para criticar á Xunta, ao cualificar de "incompresible" a decisión do Goberno autonómico de "anular as certificacións anteriores dos socorristas en activo".

"Non entendemos por que a Administración autonómica insiste en eliminar socorristas cunha normativa absurda" e que lle valeu para asegurar que "a Xunta abandona aos bañistas á súa sorte".

Socorristas
Socorristas | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta