Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2022 | Actualizada ás 15:32
Galicia segue á cabeza da vacinación pediátrica contra a Covid-19 en España --de cinco a 12 anos--, co 67,8 por cento da súa poboación diana con pauta completa, fronte ao 44,4% da media de España.
Así se desprende ed os datos actualizados este venres, 17 de xuño, polo Ministerio de Sanidade --faino unha vez por semana--, con rexistros de vacinas ata o día 15 deste mes, recollido por Europa Press, que indican que recibiron a pauta completa 120.405 dos 177.577 nenos desas idades chamados a vacinar, o que supón o 67,8 por cento.
Á Comunidade galega séguenlle con máis porcentaxe de poboación pediátrica co proceso finalizado contra a Covid-19 as de Estremadura (65,3%) e Asturias (61,8%).
O informe reflicte que con polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19 en Galicia hai 137.860 nenos de cinco a 12 anos, que implican o 77,6 por cento, fronte á media nacional do 54,9%.
Precisamente, este venres, día 17 de xuño, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) convocou unha nova campaña para administrar primeiras e segundas doses a nenos de cinco a 11 anos en xornada de tarde.
MAIORES DE 12 ANOS
En canto á vacinación dos maiores de 12 anos, no informe reflíctese que 2.348.244 persoas da poboación diana de 2.456.127 en Galicia contan con pauta completa, o que supón o 95,6 por cento, fronte á media estatal do 92,7%.
Por tanto, a Comunidade galega continúa en segundo lugar en porcentaxe de poboación diana inmunizada, tras A Rioxa, que conta co 97,3%, mentres que despois de Galicia colócase a de Estremadura, co 95,5%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.