Autoaprezo e cosmopailanismo

Atopei noutronte un antigo compañeiro de colexio na coruñesa praia de Riazor.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 04/08/2014

Comparte esta noticia
Mira Xoán Antón, o que fixo o xerente do pub ese de Sanxenxo, ao suspender o concerto de Mónica de Nut  ao terceiro tema tivo moi pouco estilo, pero tamén é verdade que ese local ten maioría de veraneantes madrileños e non entenden o jazz cantado en galego.
 
Home, Tito, ese día estaba inzado de seareiros galegos da artista. Pero que eu saiba escoitamos a ópera en italiano ou alemán, en inglés a The Corrs, Leonard Cohen ou Bruce Springsteen. O deste tipo é pura censura, motivada polo seu carácter intolerante e pola súa falla de cultura e educación.
 
Pero Xoán, para atraer o turismo non podemos andar co da cultura galega, temos que nos abrir máis a España. Teríamos que  mirar máis polo español, que é o noso.
 
Iso é un erro de concepto, meu amigo. O turismo que interesa é o que ven coñecer a os nosos recursos. Nós non podemos nin queremos competir en sol, praia e alcol barato. E a xente non ven a Galicia para ver touradas, feiras de abril ou Oktoberfests, porque se buscara cousa desa iría a Andalucía ou a Bavaria. Ven por sermos nós, polo noso clima, cultura, lingua, costumes e gastronomía 
 
Pero o da cultura galega estando ben limita moito… Hai que abrirse ao mundo.
 
Estou dacordo e de feito penso que a nosa literatura, as nosas artes plásticas, o noso folk,o noso jazz, pop, rock ou hip-hop están a facer un enorme esforzo  de evolución e apertura ao mundo. O que ocorre é que en Madrid teñen moi claro que queren ocupar os espazos das culturas periféricas, porque iso supón facturación. Canto hai que non canta en galego un dos nosos artistas nunha TV estatal? 
 
Pero á nosa xente góstanlle as touradas e as sevillanas.
 
Non, oh!. Na Coruña non hai touradas este ano por falla de interese cidadán e semella que en Pontevedra cada vez hai máis oposición e menos afecto popular. Pertencer a unha peña para ir de troula non é gostar das touradas. As touradas, as sevillanas e outras exoticidades son produto dunha mentalidade cosmopailá moi interiorizada nas concellerías de Festas de moitos gobernos locais, que  son os que están a mal investir cartos públicos en espectáculos sen raigame nin afeccionados. É polítiquería pura.   
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.