A prensa británica marabillada coa costa da Mariña e as súas pequenas vilas
O diario británico The Guardian publicaba as excelencias de saír fóra das rutas turísticas xa marcadas en terreo español. O xornal sinalaba unha serie de destinos, entre eles A Mariña lucense e as “virtudes” que envolven as súas praias, os percorridos que se poden facer en vehículo ou bicicleta e, como non podía ser, tamén os aspectos gastronómicos.