Un pai maniféstase ante o Xulgado de Arzúa para que se execute a custodia compartida

Convoca unha nova protesta "pública e pacífica" para o día 11 de xuño.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Carlos Varela é un pai que leva 15 días acudindo a diario a manifestarse diante do Xulgado de Arzúa, acompañado de familiares e outras persoas achegadas, para esixir que se execute a custodia compartida das súas dúas fillas por parte do Xulgado da localidade, do que, di, non obtén "ningún tipo de resposta nin explicación". 

Un pai maniféstase pola custodia compartida das súas fillas no Xulgado de Arzúa
Un pai maniféstase pola custodia compartida das súas fillas no Xulgado de Arzúa

Ante unha situación que considera de "desamparo" por parte da Xustiza, que lle impide ver ou comunicarse por teléfono coas súas fillas, Varela vén de convocar unha nova concentración "pública e pacífica", onde estará acompañado por persoas achegadas e membros da Asociación Galega de Pais e Nais Separados, para o día 11 de xullo ás portas do edificio do Xulgado. 

"O grave dano que se está provocando tanto no desenvolvemento afectivo das nenas, como no vínculo paterno filial e co resto da familia é xa ostensible. Agora o meu deber como pai é intentar evitar que dito dano se convirta en irreparable", sentenza o pai, que asegura que solicitará amparo ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se o Xulgado de Arzúa non respondese. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta