Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2022 | Actualizada ás 20:11
Representantes das traballadoras do servizo do fogar, convocadas pola CIG, concentráronse este martes ante as delegacións territoriais de Polícia Social para esixir que atenda as demandas do colectivo.
Como responsable do servizo, piden á Administración autonómica que "inste as empresas concesionarias" a que apliquen "de inmediato" a subida do 6,5 por cento, correspondente ao IPC de 2021, e "negocien un convenio que supón unha mellora real das condicións destas profesionais".
As protestas enmárcanse na campaña de CIG-Servizos está a desenvolver "a favor da dignificación laboral e salarial das traballadoras do SAF", para que se recoñeza o "labor esencial que prestan e para reclamar unha mellora de calidade a asistencial ás persoas usuarias".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.