Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2022 | Actualizada ás 12:47
Os Reis de España acudirán a Santiago de Compostela o próximo 25 de xullo, Día Nacional de Galicia. Así o confirmou este venres o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que, segundo detallou, este mesmo xoves recibiu un escrito de Casa Real "confirmando que tanto o Rei, como a raíña, a princesa de Asturias e a infanta" estarán o 25 de xullo en Santiago.
En declaracións aos medios tras a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, Rueda agradeceu aos Reyes a súa visita: "Xa estiveron o ano pasado e volven estar neste dobre Ano Santo Xacobeo. Agradecémosllo moitísimo e sen ningunha dúbida supón un respaldo ao magnífico Xacobeo que estamos a ter neste 2022".
Así, este será o terceiro ano consecutivo que, previsiblemente, o rei Felipe VI realice a tradicional Ofrenda ao Apóstolo, acompañado da raíña Letizia, a princesa Leonor e a infanta Sofía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.