Un bombeiro hospitalizado logo de inxerir veleno de velutinas accidentalmente

A inxesta completamente accidental do produto provocoulle á persoa picor nas vías respiratorias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2022 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Un bombeiro do parque comarcal de Ribeira tivo que ser atendido de urxencia ao inxerir de forma accidental veleno de velutinas. Con todo, pouco despois foi dado de alta tras recibir a asistencia sanitaria no Hospital do Barbanza.

Segundo recolle o parte do 112, os feitos ocorreron pasadas as 22 horas, cando o afectado, xunto aos seus compañeiros, participaron nunha intervención.

A inxesta completamente accidental do produto provocoulle á persoa picor nas vías respiratorias.

Deste xeito, o 112 Galicia solicitou a asistencia dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Vespa velutina avespa asiática. EUROPA PRESS - Arquivo
Vespa velutina avespa asiática. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta