Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2022 | Actualizada ás 14:08
Un camión que realizaba tarefas de roza no municipio ourensán de Muíños caeu á auga no encoro das Cunchas, segundo informaron fontes dos servizos de emerxencia.
O condutor do vehículo puido abandonar o habitáculo do camión polos seus propios medios e foi atendido polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061 ao sufrir un golpe na cabeza.
O suceso produciuse ás 12,50 horas deste luns na parroquia de Barxés, onde o camión caeu ao río Limia cando circulaba por unha pista forestal. Ata a zona desprazáronse axentes da Garda Civil e Seprona para verificar se se produciu algunha vertedura e estudar a forma de retirar o camión da auga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.