Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2022 | Actualizada ás 10:14
Un home de 89 anos foi rescatado polos servizos de emerxencia despois de permanecer durante máis de dez horas atrapado baixo un tractor despois de sufrir un accidente mentres traballaba nunha zona de monte do municipio ourensán de Baños de Molgas.
O home, veciño de Baños de Molgas, manexaba un vehículo agrícola nunha leira da parroquia de Almoite cando ás 10,00 horas da mañá do pasado mércores o tractor envorcou e colleulle unha perna, segundo trasladaron este xoves o CIAE 112 Galicia e a Garda Civil de Ourense.
Durante máis de dez horas, o octoxenario estivo máis de dez horas pedindo auxilio, ata que veciños da zona escoitárono cando xa caía a noite. A central do 112 recibiu varias chamadas pasadas as 23,00 horas nas que alertaban de que se escoitaba unha voz desde o monte que pedía axuda.
Ao redor das 23,20 horas, os bombeiros de San Cibrao e o GES de Maceda localizaron ao ancián, que foi trasladado ao CHUO de Ourense con varias fracturas en tibia, peroné e nocello e co pé necrosado, segundo fontes da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.