A Coruña aproba a ampliación en máis dun quilómetro do carril bici na contorna de Riazor

O novo percorrido será bidireccional e de 1,2 quilómetros e as obras contarán cun orzamento de 550.000 euros e un prazo de execución de 12 meses.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/07/2022 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno local extraordinaria, a adxudicación da construción do novo tramo de carril bici que ampliará a rede xa existente na contorna de Riazor e Cidade Xardín.

Así o anunciou a alcaldesa, Inés Rey, na rolda de prensa posterior na que lembrou a aposta do Goberno municipal por unha mobilidade "sustentable" que conte con infraestruturas "seguras e eficaces".

O novo percorrido será bidireccional e de 1,2 quilómetros e as obras contarán cun orzamento de 550.000 euros e un prazo de execución de 12 meses.

Nesta xunta aprobouse tamén a licenza solicitada pola Fundación Amancio Ortega para a construción dunha residencia de maiores na zona de Eirís. O edificio, que terá capacidade para 150 persoas, contará cun investimento de 10,7 millóns de euros.

CONSELLO MUNICIPAL DE CULTURA

Por outra banda, o Concello da Coruña aprobou este venres nun Pleno Extraordinario a creación do Consello Municipal da Cultura, cos votos do Goberno local e Marea Atlántica, froito dun acordo entre ambos para os orzamentos de 2022.

Trátase dun organismo "amplo e plural" pensado para darlle voz e voto ao sector cultural da cidade herculina e que poderá trasladar propostas de forma directa. A presidencia recaerá na alcaldesa e contará cunha vicepresidencia escollida polo propio sector cultural.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, en rolda de prensa tras a Xunta de Goberno ocal extraordinaria. ANDY PÉREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, en rolda de prensa tras a Xunta de Goberno ocal extraordinaria. ANDY PÉREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta