A Asociación de Xornalistas do Camiño pide que se dediquen unhas Letras Galegas ao poeta Fiz Vergara Vilariño

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2022 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A Asociación de Xornalistas e Estudiosos do Camiño de Santiago pide que a Real Academia Galega (RAG) dedique un Día das Letras Galegas ao poeta Fiz Vergara Vilariño, natural de Samos.

Lanzan esta candidatura nun acto este mércores en Santalla de Lóuzara, en Samos, con motivo da conmemoración do 25 aniversario da morte de Fiz Vergara, baixo o título 'Camiños e Cantares nos eidos dá bremanza. Unha peregrinación literaria, cantada e falada'.

O presidente da asociación, Lois Celeiro, sinalou que "é evidente que algún día Fiz terá que ser o home, o poeta e o escritor das Letras Galegas". "A Academia é sensible neste caso e atenderá a importancia de Fiz Vergara non só no ámbito local, senón tamén no ámbito internacional, nacional e galego, onde foi un home moi premiado, moi querido e moi apreciado", resaltou.

Da figura do poeta de Louzará, indica que: "A primeira etapa gusta menos, na segunda parte vemos un poeta dunha profundidade extraordinaria onde fai unha reivindicación da liberdade tanto individual como colectiva".

Entrega do Fiz Vergara 2018 con María Casar (terceira pola esquerda)
Entrega do Fiz Vergara 2018 con María Casar (terceira pola esquerda) | Fonte: A.C. Ergueitas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta