Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/07/2022 | Actualizada ás 19:36
O incendio forestal que se atopa activo no municipio de Castrelo de Miño, parroquia de Barral, desde a tarde deste mércores xa queima unhas 20 hectáreas, segundo estimación provisional de Medio Rural.
A Consellería informa a Europa Press de que o lume, que se atopa sen controlar, se iniciou ás 17,43 horas deste mércores.
Nas tarefas de extinción traballan, entre outros medios, seis avións, catro helicópteros, catro motobombas, oito brigadas, tres axentes, unha pa e un técnico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.