Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2022 | Actualizada ás 10:27
A central sindical CUT fixo un chamamento a manifestarse este luns 1 de agosto, ás 11,30 horas, fronte á Consellería de Educación, en Santiago, ante "o despedimento masivo de interinos en ensino".
Nun comunicado, o sindicato denuncia o "despedimento de traballadores temporais para o próximo curso". Neste sentido, sinalan que esta situación "afectará a todas aquelas persoas que desenvolveron o seu traballo como interinos ou substitutos".
A central sindical asegura que esta circunstancia é froito de "anos de recortes e unha política de privatización e de transferencia de recursos públicos cara ao ensino privado, ligados á falta dun verdadeiro proceso de estabilización".
Así mesmo, engade que xa presentaran no 2021 no Parlamento de Galicia unha Iniciativa Lexislativa Popular para a estabilización dos traballadores temporais da Xunta que "foi rexeita polos deputados do Hórreo".
A CUT insiste na "falta dun proceso de estabilización" do persoal temporal da administración de Galicia que "finalice co abuso da temporalidade"; unha situación de "fraude de lei" e pola cal "as institucións europeas reclamaron ao Goberno unha solución".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.