Temas: PIB AIREF

O crecemento do PIB de Galicia no segundo trimestre será do 0,8%, por baixo da media estatal, segundo a AIReF

Baleares (2,5%), Canarias (1,5%), Comunidade Valenciana (1,3%) e Cataluña (1,3%) terán os mellores datos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/08/2022 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) publicou este luns un informe coa estimación do PIB das comunidades autónomas para o segundo trimestre de 2022, no que sitúa Baleares (2,5%), Canarias (1,5%), Comunidade Valenciana (1,3%) e Cataluña (1,3%) por enriba da media estatal, que se sitúa no 1,1%.

Planta do grupo Stellantis en Vigo
Planta do grupo Stellantis en Vigo | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press.

En termos de taxas de variación trimestral, Baleares e Canarias son as dúas comunidades autónomas que destacan pola súa expansión, superior á do conxunto do Estado, mentres que o crecemento máis débil apréciase en Cantabria, cun incremento de 0,5%, seguido por Estremadura (0,6%).

Por baixo da media estatal, a AIReF sitúa ao País Vasco e Andalucía (1%); Asturias, Castela-A Mancha, Navarra, Aragón, Castela e León e Galicia (0,8%); A Rioxa e Murcia (0,7%); Estremadura (0,6%) e Cantabria (0,5%).

Pola súa banda, en termos interanuais, obsérvase como Baleares é a comunidade autónoma onde se produciría o maior incremento do PIB, cun incremento do 13,8%, máis de 7,5 puntos porcentuais superior ao do conxunto de España (6,3%).

De feito, tamén Canarias (11,6%), a Comunidade Valenciana (7,2%), Andalucía (7,1%) e Cataluña (6,7%) tamén se sitúan por enriba da media estatal, segundo a AIReF.

Por baixo desta media, colócanse Madrid (6,2%); Asturias (6,1%); Aragón (5,5%), Navarra (5%); País Vasco (4,9%); A Rioxa (4,7%): Cantabria (4,3%); Galicia (4,2%); Estremadura (4,1%); Castela e León (3,9%); Castela-A Mancha (3,5%) e Murcia (3,1%).

Temas: PIB AIREF
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta