Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2022 | Actualizada ás 19:19
Máis de 100 hectáreas arderon xa no incendio declarado a primeira hora desta tarde nas inmediacións da vila de Verín. A pesar de que nun momento os servizos de emerxencia alertaron da proximidade das chamas a diversas vivendas, polo momento non se ten constancia de desaloxos. A Xunta vén de declarar o nivel de alerta 2, alcanzado xa en distintos lumes da histórica vaga de 2017, e o último antes de declarar unha emerxencia que precise da intervención do Estado.
Se ben polo momento as informacións coñecidas sobre o lume van pinga a pinga, xa hai imaxes aéreas e terrestres que dan unha idea da magnitude dun lume que está a cercar a localidade do sur de Ourense.
Primeras imágenes del incendio de Ábedes, Verín a la llegada de #Brif Laza grabadas desde nuestro helicóptero mientras nos dirigimos para trabajar en su extinción. pic.twitter.com/ncqKA7M3ax
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 3, 2022
Primeras imágenes del incendio de Ábedes, Verín a la llegada de #Brif Laza grabadas desde nuestro helicóptero mientras nos dirigimos para trabajar en su extinción. pic.twitter.com/ncqKA7M3ax
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 3, 2022
16:54 Imágenes del barrio de San Antón, Verín#IFVerin #Galicia
— б¡Lьêя (@GilberCT) August 3, 2022
🎥 Recibido por Telegram pic.twitter.com/qeJucCblrG
As últimas actualizacións apuntan que o fume obrigou a cortar a N-525, en torno ao quilómetro 165, e mesmo a A-52, no 157.
Incendio Verín (Galicia). 18:42h@Incendiosgalic1 @IncendiosES @A3Noticias @informativost5 @vozgalicia @La1_tve pic.twitter.com/BcRqrLaJaJ
— Javi Jiménez (@JaviJM78) August 3, 2022
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.