Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2022 | Actualizada ás 18:35
Galicia segue ardendo. Con máis de 3.000 hectáreas calcinadas ao longo desta semana, o país segue afondando na que será recordada como a peor vaga de lumes dende que hai rexistro escrito, un horror aínda máis grande do lembrado nese anos 2017 en que as lapas tisnaron a contorna de Vigo e en non poucas cidades cheiraba a queimado.
Nun contexto de repetición no que xorden lumes distintos a cada xornada, é sinxelo esquecer a dureza inherente ao traballo dos moitos bombeiros que día a día xogan a pel para frear o avance da combustión e poñer casas e persoas a salvo. Nas últimas horas vén de xurdir un vídeo publicado en RRSS que amosa unha tensa situación no corazón do lume: "hai que escapar de aquí".
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Savia Nova (@savia_nova)
O vídeo ambiéntase entre as chamas do Monte Xiabre, un dos cumios afectados polo lume que leva xa 450 hectáreas calcinadas na parroquia de Saiar, no municipio de Caldas de Reis, e que afecta tamén a Vilagarcía de Arousa. Na extinción colaboran seis técnicos, 16 axentes, 53 brigadas, 42 motobombas, cinco pas, dúas unidades técnicas de apoio, sete avións e 11 helicópteros. Se o vídeo non se reproduce no teu navegador, podes atopalo neste enlace.
Noticias relacionadas¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- O PP de Cangas acusa ao BNG de aplicar a "lei do silencio" tras a detención do concelleiro socialista Eugenio González
- A Xunta confirma que en Galicia volve ter un"problema grave" co narcotráfico
- Só 50 radares dos máis de 1.000 da DGT rexistran o 38 % do total de denuncias; sabes cales están en Galicia?
- Concentración ante a residencia de maiores 'A miña Casa' de Ferrol: "A precariedade laboral no centro é indecente"
- Listas as oposicións de Educación para o 21 de xuño con 1.664 prazas en 50 especialidades
- Universidades públicas galegas e sindicatos comezan a negociación do terceiro convenio colectivo do persoal docente