Un aspirante a funcionario do Concello de Ourense di que o "minusvaloraron" por ser sindicalista

A persoa vén de presentar un recurso ao nomeamento da nova directora de RRHH.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2022 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Volve a sombra do conflito a planear sobre o Concello de Ourense. Desta vez, o problema estaría nun aspirante que vén de recorrer o nomeamento dun alto cargo do consistorio:  a directora xeral de recursos humanos. Segundo destaca a a Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira (FAC-USO), o aspirante, afiliado ao sindicato, vén de recorrer o nomeamento porque cuestiona o informe de valoración do Coordinador Xeral, do que se destila a escolla da nova directora. 

Fachada do Concello de Ourense. EUROPA PRESS - Arquivo
Fachada do Concello de Ourense. EUROPA PRESS - Arquivo

O recurso de reposición desta persoa anónima cuestiona o informe do Coordinador Xeral --que é, precisamente, director xeral de RRHH en funcións-- por varios motivos, entre eles que o propio Coordinador Xeral se debería ter abstivo e porque, segundo inciden, o informe do Concello tería "minusvalorado" a súa condición de sindicalista. 

Noutras dimensións, o recorrente asegura que os méritos presentes no seu curriculum non foron tidos en consideración de acordo á relevancia dos mesmos. Apunta así que conta con experiencia nun posto moi semellante nun concello canario e que, en conxunto, contaría con "maior experiencia profesional e formación máis variada que a aspirante seleccionada".

Nunha liña paralela, dende o sindicato inciden que a valoración do director en funcións "obvia" a superación de exames selectivos noutras administracións locais e os distintos postos polos que pasou a persoa que alega. Asemade, aseguran que o informe "conclúe que os funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional ostentan per se a Xefatura de Persoal, ao ser funcionarios de rango superior, aínda que de facto así actúen nos municipios medianos e pequenos".

A ollos do sindicato, "resulta sumamente criticable que, para unha xestión pública moderna, ao recorrente non se lle valorou o ter coñecementos transversais: habilidades sociais, igualdade de oportunidades, redes sociais, teleformación, comunicación, transparencia. FAC-USO espera que se estime o recurso do seu afiliado e, en consecuencia, lle sexa adxudicado devandito posto de traballo no Concello de Ourense".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta