Alertan da presenza de exemplares de carabelas portuguesas nas praias de Ferrol

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2022 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) alertou da presenza dalgúns exemplares de carabelas portuguesas nas praias de Ferrol, un organismo colonial formado por pólipos e con aspecto conxunto de medusa.

A entidade insta á poboación a extremar as precaucións, xa que poden causar lesións tanto en persoas como en animais. Son organismos que posúen filamentos urticantes, que poden ir de centímetros a 50 metros e son capaces de causar lesións por contacto na pel.

Desta forma, a través dun comunicado, piden que "se preste atención no momento do baño, para evitar tocalos", e avisar aos socorristas da praia ou, en caso de non haber, á Policía Local.

Se alguén entra en contacto con elas, é importante desprender os posibles fragmentos presentes sen tocalos, lavar con auga de mar e evitar as areas, a auga doce ou sustancias como o vinagre, amoníaco ou ouriños, xa que poden potenciar os efectos, e acudir a un centro sanitario para recibir asistencia.

Carabelas portuguesas
Carabelas portuguesas | Fonte: CONCELLO DE CARBALLO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta