Detidos en Tenerife catro membros do clan galego de 'Los Rositos' por tráfico de drogas e branqueo de capitais

Por E.P. | Tenerife | 09/08/2022 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a catro persoas que pertencían a un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas e branqueo de capitais. O catro detidos formaban parte do clan de 'Los Rositos', fincado no Grove, e operaban no sur de Tenerife.

A chamada operación 'Xabarín', iniciada a finais de maio, foi levada a cabo por axentes da Garda Civil pertencentes á Unidade de Análise e Investigación Fiscal e Fronteiras (Udaiff), da Sección Fiscal e Fronteiras do Aeroporto Tenerife Sur.

Os axentes iniciaron a investigación tras detectar a presenza de varios membros do clan de 'Los Rositos', no sur de Tenerife, clan histórico do narcotráfico afincado no Grove e que continuamente estaban a viaxar desde Santiago de Compostela ata o Aeroporto Tenerife Sur.

Tras as xestións realizadas polos axentes da Garda Civil, conseguíronse reunir as probas suficientes para posteriormente proceder á identificación, localización e detención dos dous irmáns supostos 'Xefes do Clan' que se desprazaban a Tenerife continuamente, en unión doutras dúas persoas integrantes do grupo criminal, os cales se encargaban da cobertura loxística.

Operación 'Xabarín'.. GARDA CIVIL
Operación 'Xabarín'.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta