Carballeda de Valdeorras volve sufrir outro lume tras a vaga que arrasou máis de 10.000 hectáreas

Hai activos tres grandes incendios en Boiro, Verín e Ponte Caldelas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/08/2022 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Incendio de Carballeda de Valdeorras entra no municipio do Barco de Valdeorras.
Incendio de Carballeda de Valdeorras entra no municipio do Barco de Valdeorras. | Fonte: CEDIDA - NEREA FERNÁNDEZ

Precisamente, en Carballeda de Valdeorras produciuse o pasado mes de xullo un incendio que queimou máis de 10.000 hectáreas na comarca ourensá. Fontes consultadas trasladaron que o vento complica os labores de extinción, pero non hai ningún núcleo habitado en perigo.

O parte de Medio Rural tamén ratifica que sobre as 18,30 horas desta tarde quedou extinguido o lume iniciado na parroquia de Quixeiro, en Monfero (A Coruña), que afectou o Parque Natural Fragas do Eume. Arderon 0,01 hectáreas arboredos; e os medios mobilizados foron 2 axentes, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

ESTABILIZADO E CONTROLADOS

Por outra banda, permanece estabilizado desde as 12,28 horas deste luns o incendio declarado o pasado xoves na parroquia de Cures, no concello coruñés de Boiro, e que afectou tamén os concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira. Este lume é o de maior superficie calcinada no mes de agosto en Galicia, con 2.200 hectáreas ardidas.

Mentres, o de Verín, en Ourense, continúa controlado desde as 11,51 horas deste luns. Neste incendio, que segundo a Xunta se iniciou en máis de dez focos diferentes, arderon unhas 600 hectáreas.

Na provincia de Pontevedra tamén permanece controlado desde as 12,05 horas do luns o lume iniciado na parroquia de Xustáns, en Ponte Caldelas, cunha superficie afectada dunhas 380 hectáreas.

En total, os incendios forestais que se produciron na última semana calcinaron máis de 4.500 hectáreas, principalmente nas provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra.

Con todo, este mesmo martes, o conselleiro do Medio Rural dicía que non había ningún lume activo en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta